martes

Obxectivo conquerido

Hoxe saiu na edición Deza Tabeirós de El Faro de Vigo a nova da nosa existencia como colectivo e que tiñamos un blog na rede. O día antes da publicación da nova o numero de visitas do blog (colgado só uns dias antes e do que non se fixera ningunha publicidade) era de 17, todas entradas dos que faciamos o blog; ás sete da tarde o número de visitantes pasa dos 1000. Recibímos tamén un correo de Daniél, o redactor de Faro que fixo a nova no que nos di: "A noticia sobre a existencia do voso colectivo sae no xornal de hoxe na páxina 3 da edición Deza-Tabeirós, pero tamén aparece recollido no web farodevigo.es con grande repercusión". Está claro que o morbillo (que nón o interese do tema) é unha das enerxias que move o mundo.

Temos tamén xa varios comentarios no correo. Algúns (curiosamente algunhas, xa que todas firman co seu nome) dannos folgos para seguir adiante e felicítannos pola web (grazas mozas!), e a maioria (anónimos) caen nos tópicos que a xente ten na cabeza sobre a condición bi: que si somos uns salidos, que si unhas boas hostias a tempo.., aue somos uns gays e lesbis reprimidos/as, e que non imaxinaban que en lalín houbera Bisexuais (xa vedes, de todo hai na viña do señor!). Todos eses comentarios, e mais que haberá daranos para unha boas risas na vindeira xuntanza.

E dende logo, obxectivo conseguido: un pouco de visibilización e algo que dar que falar.

P.D. si señora Flora en Lalín e Silleda tamén hai bisexuais, e non por iso acábase o mundo nin o señor vainos castigar cunha tormenta de lume como a Sodoma e Gomorra, durma tranquila!.

Nova en El Faro de Vigo

1 comentario:

  1. Os meus parabéns e ánimo coa iniciativa.

    E se falan que falen que as cousas boas e mellor coñecelas.

    Saúdos.

    ResponderEliminar