viernes

Programa do I Cocido do Orgullo.




aquí andamos!! Bisibilización Mola!
nova en Praza

Nunca pensamos en ver cousa igual

Tamén en Lalín, a loita polos dereitos do colectivo LGBT vai en camiño. Moi ben Nico, Moi ben Rafa! moi ben Lara! e longa vida as Fragas de Catasós!!
Boas!. 1. tedes que disculpar o retraso no envío de correos, pero novamente tivemos problemas. Decidimos que a partires de hoxe os correos van ir pola vía de gmail, polo que o enderezo de hotmail e o messenguer de hotmail queda desactivado, así como a lista de correos de yahoo. Yahoo c`est mort. viva gmail!. A partir de agora tódalas fotos e cousas do grupo iran a un gmail drive convenientemente contraseñado. 2. Este ano non teremos cea de nadal. Como non hai xeito de argallar un día que nos veña ven a todos/as, o que imos facer é unha saida a tomar os viños xuntos. Decidimos que ímola facer en Silleda o venres 27. Xa avisamos por güasap ou sms de hora e sitio. aburiño!

martes

Solución a lista de correos e Resumen da xuntanza.

1. Xa funciona a lista de correo.. foi complicado por un problema dunha contraseña perdida. Tivémos que borrar tódolos contidos e facer a lista de novo, pero xa estades todos/as activos. Os correos que enviedes a lista serán automaticamente redirixidos a nova.
2. Seguimos sen ter claro cantos, e onde imos facer a festa de nadal. A opción dunha casa de turismo rural para unha fin de semán non vai adiante por tema de pasta. Resolvimos facela na casa dalgún de nós. ¿propostas?.
3. O asunto do grupo de Facebook: decidimos que mellor ímolo deixar, xa que algúns/as de nós quere manter a súa privacidade. Asunto debatido, asunto zanxado.
4. Día do "orguio". Que cada un/unha faga o que lle pete, pero dos que estabamos na xuntanza ningún vai ir a Madrid.

saudos!

sábado

Meu marido é travesti

Como o mundo non é so heterosexualidade ou homosexualidade, aquí vai un interesante documental..









miércoles

A Universidade de Sevilla e a homosexualidade

Ainda hai xente que pensa que o non ser heterosexual é unha enfermidade... Moito século XXI para nada!

sábado

23 de outubro manifestación pola despatologización das identidades trans

MANI UNITARIA GALEGA saimos as 19:00 h. o sábado dende a praza do toural en COMPOSTELA

participamos: acsur galiza, cafés feministas,Centro Social A Esmorga, Centro Social A Fouce, Fundaçom artabria, Galentendo, Maribolheras precarias, Nomepisesofreghao, Oquenosaedacona, Panteras rosas GZ, Rede feminista galega, Rede transfeminista galega, somos de_generando e TRANSgaliza




Manifesto da Rede Galega pela Despatologizazóm das Identidades Trans 23 de Outubro de 2010 Continuamos a resistir!