jueves

¿que é a bisexualidade?














No noso caso isa é a pregunta do millón!
Hai moreas de definicións, estudos, e intentos de catalogar a bisexualidade, dende o punto de vista evolutivo, médico, relixioso, psicolóxico, cultural...
Hai estudos tendenciosos, outros serios, outros "interesados", algúns están realizados por universidades ou institucións serias (con rigor metodolóxico e científico) e outros feitos polo "doctor" ou "periodista" Perico de los Palotes a base de recorta e pega (coidado! estos son os mais doados de atopar en internet).
Algúns din que todos somos bisexuais en maior ou menor grado, outros que a bisexualidade non existe e que os Bi somos pouco menos que homosexuais reprimidos.
Tamén atoparás opinións de que a bisexualidade é producto da promiscuidade, ou un tipo de patoloxía psiquiatrica, ou algo "temporal" que logo se "cura", ou producto de unha configuración especial do cerebro, ou simplemente algo totalmente natural en algunhas culturas dende o punto de vista antropolóxico-cultural.
Atoparás na rede datos de enquisas para tódolos gustos, atoparás que "é guay ser bi", que moitos "modernos" e "artistas" son Bi (o bisexual vende!) ou que "pudriraste no inferno" e de seguro que "pillarás o Sida".
En resumo: que como creas que internet vai respostar as túas dubidas existenciais vas de cú.
Así que si eres Bi (ou crees que o eres) o mellor que podes facer é deixar de pensar por que eres así e aceptar que eres asi. O feito de ter unha orientación romántica ou sexual distinta da "maioria" da poboación non é "malo" nin "mellor". A vida é moi curta para andar a comerse a cabeza.

Nós temos claro que no noso grupo, cada un sinte a sua sexualidade e emocións de xeito distinto, pero todos/as aceptámolo como algo natural e positivo nas nosas vidas. A algúns (concretamente aos mais vellos, polo problema da represión sexual do pasado e da falta de información) custoulles mais que a outros entender e asumir a súa condición, pero hoxe todos estamos orguiosos/as de selo.

podes consultar unha serie de definicións sobre a bisexualidade aquí

"En sí, a homosexualidade está tan limitada como a heterosexualidad: o ideal sería ser capaz de amar a unha muller ou a un home, a calquer ser human, sen ter medo, inhibición uo obligación." Simone de Beauvoir


No hay comentarios:

Publicar un comentario