jueves

Mulleres visibles

¿que é a bisexualidade?














No noso caso isa é a pregunta do millón!
Hai moreas de definicións, estudos, e intentos de catalogar a bisexualidade, dende o punto de vista evolutivo, médico, relixioso, psicolóxico, cultural...
Hai estudos tendenciosos, outros serios, outros "interesados", algúns están realizados por universidades ou institucións serias (con rigor metodolóxico e científico) e outros feitos polo "doctor" ou "periodista" Perico de los Palotes a base de recorta e pega (coidado! estos son os mais doados de atopar en internet).
Algúns din que todos somos bisexuais en maior ou menor grado, outros que a bisexualidade non existe e que os Bi somos pouco menos que homosexuais reprimidos.
Tamén atoparás opinións de que a bisexualidade é producto da promiscuidade, ou un tipo de patoloxía psiquiatrica, ou algo "temporal" que logo se "cura", ou producto de unha configuración especial do cerebro, ou simplemente algo totalmente natural en algunhas culturas dende o punto de vista antropolóxico-cultural.
Atoparás na rede datos de enquisas para tódolos gustos, atoparás que "é guay ser bi", que moitos "modernos" e "artistas" son Bi (o bisexual vende!) ou que "pudriraste no inferno" e de seguro que "pillarás o Sida".
En resumo: que como creas que internet vai respostar as túas dubidas existenciais vas de cú.
Así que si eres Bi (ou crees que o eres) o mellor que podes facer é deixar de pensar por que eres así e aceptar que eres asi. O feito de ter unha orientación romántica ou sexual distinta da "maioria" da poboación non é "malo" nin "mellor". A vida é moi curta para andar a comerse a cabeza.

Nós temos claro que no noso grupo, cada un sinte a sua sexualidade e emocións de xeito distinto, pero todos/as aceptámolo como algo natural e positivo nas nosas vidas. A algúns (concretamente aos mais vellos, polo problema da represión sexual do pasado e da falta de información) custoulles mais que a outros entender e asumir a súa condición, pero hoxe todos estamos orguiosos/as de selo.

podes consultar unha serie de definicións sobre a bisexualidade aquí

"En sí, a homosexualidade está tan limitada como a heterosexualidad: o ideal sería ser capaz de amar a unha muller ou a un home, a calquer ser human, sen ter medo, inhibición uo obligación." Simone de Beauvoir


Contacto

Para o que precisedes, podedes contactár con nós no enderezo dezabisex@gmail.com

Agradecementos

A Francisco Arca polo seu tempo en Barcelona.
A Carlos e Matilde pola súa información da Fundación Europea de Bisexuais e pola documentación da reunión de Rotterdam.
A Elvira Rosenzvaig pola documentación de la European Bi Conference EBC.
A Raquel polos seus acertados "comentarios al respecto" e a súa hospitalidade en Madrid.
A Alberte Granja (KG) especialmente pola súa axuda,e sobre todo por ser home de mundo.

miércoles

Presentación



Ola. Grazas por estar virtualmente con nós. Somos o Grupo de Bisexuais do Deza, un grupo formado na Comarca do Deza (Galiza) no 2007, estando na actualidade integrado por 16 amigos e amigas das vilas de Lalín e Silleda, con idades entre os 19 e 51 anos.
Con esta web pretendemos:
* sumarnos a campaña de visibilidade da comunidade bisexual. Porque os bisexuais tamén existimos...
* servir de punto de encontro da comunidade Bi na área do Deza
* na medida do posible, servir de apoio e punto de información sobre a condición Bi